Escola Infantil Municipal de Cee | Escuela infantil Municipal de Cee
As nosa equipa de educadoras esta formada por profesionais de Educación infantil ( Técnicas en Educación Infantil, Graduadas en Educación Infantil e Pedagoxía). A maiores posúen formación complementaria en metodoloxías innovadoras o que fai que a nosa intervención sexa adaptada á realidade e de calidade.
Persoal de Atención Directa
Persoal de Atención Directa
Persoal de Atención Directa
Persoal de Atención Directa
Persoal de atención directa
A Escola Infantil Municipal de Cee (GM2) como servizo público municipal presta os servizos básicos de coidado e atención educativa a nenos e nenas de 0 a 3 anos.
A LOE establece oito competencias básicas que o alumnado de ensino obrigatorio debe acadar. Enténdese por competencias básicas o conxunto de destrezas, coñecementos e actitudes axeitadas ao contexto que todo o alumnado debe adquirir para lograr a súa realización persoal, exercer a cidadanía activa, incorporarse á vida adulta de xeito satisfactorio e ser capaz de desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida.
No marco da proposta realizada pola Unión Europea, establecéronse as seguintes competencias básicas:
Unha das rutinas fundamentais na etapa infantil constitúena as horas de comer pola importancia que teñen no proceso de autonomía e desenvolvemento persoal e social dos/as máis pequenos. Para iso é fundamental que o persoal educador conceda a estes momentos toda a atención que merece potenciando, deste xeito, o seu valor educativo.
O servizo de comedor ofrecido dende a Escoliña as nenas e nenos permite almorzar, xantar e merendar no centro educativo. Esta prestación consiste na achega dos medios persoais e materiais precisos para a adecuada distribución e consumo dos alimentos que traen os/as propios/as usuarios/as.
METODOLOXÍA: Para obter os obxectivos propostos, utilizamos unha metodoloxía participativa, a motivación do alumnado, a adaptación aos ritmos de aprendizaxe individuais, reforzos positivos baseados en afectos, respecto á individualidade, establecemento de rutinas e favorecemento do recoñecemento de clima sereno, alegre, disciplinado e de respecto á diversidade.
TEMPORALIZACIÓN E CALENDARIZACIÓN: O servizo de comedor terá lugar de setembro a xullo no horario seguinte:
ALMORZO: De 8:00 a 9:30 horas
XANTAR:
MERENDA:
No caso da merenda e almorzo poderanse agrupar aos nenos/as das diferentes aulas nunha quenda única respectando o rateo de persoal correspondente.
O servizo de comedor é atendido polas educadoras co fin de adquirir hábitos relacionados coa alimentación e coa autonomía persoal.
Entendemos a Escola de Nais e Pais como unha ferramenta ideal para asentar un recurso na comunidade por e para as nais e pais das nenas e nenos da escola infantil. Un recurso que lles resulte próximo, accesible e eficaz na busca de respostas ás dificultades da tarefa de educar nos diferentes eidos e temáticas.
A Escola de Pais e Nais desenvolverá unha sesión bimensual de dúas horas de duración. Nelas, as familias compartirán dúbidas e inquedanzas en referencia á crianza e educación dos máis pequenos e pequenas, e recibirán apoio e asesoramento por parte dunha profesional.
OBXECTIVOS
METODOLOXÍA: O proceso metodolóxico da escola de nais e pais basease na pedagoxía dos métodos activos, a través da cal os usuarios e usuarias son os principais protagonistas da acción educativa e son eles/as quen a partires dun proceso de andamiaxe e construción crean as súas propias aprendizaxes dentro do obradoiro, por iso é fundamental partir do coñecemento do grupo e de cales son as súas expectativas. Este elemento configura o primeiro paso metodolóxico esencial para o posterior desenvolvemento do obradoiro. Esta metodoloxía favorece unha aprendizaxe real xa que se vivencian e interiorizan contidos e habilidades a través de diversas técnicas aplicadas dentro da sesión de traballo (role-playing, traballo en pequeno grupo e exposicións, uso das novas tecnoloxías, etc.) Esta metodoloxía permite adquirir unhas ferramentas moito máis sólidas nos procesos de aprendizaxe e comprensión dos distintos fenómenos a estudar, o que facilita a labor educativa de nais e pais no seo da familia.
TEMPORALIZACIÓN E CALENDARIZACIÓN: A duración de cada sesión de traballo será de 2 horas cunha periodicidade bimensual (de outubro a maio).
A continuación preséntanse un listado de posibles temáticas a abordar na Escola de Nais e Pais. Calquera outra temática relacionada con estes ámbitos é igualmente viable. As datas e horarios para o desenvolvemento do obradoiro quedarían pendentes de concretar en función da dispoñibilidade horaria. Así mesmo, serán consensuadas co equipo técnico municipal.
Para facilitar a conciliación das familias con horarios de traballo amplos, facilitarase a acollida dos e das menores nun horario ampliado de mañá e de tarde. Deste xeito, poderase acoller a os menores dende as 7:40 horas e recollelos ata as 20:20 horas. Con isto ampliamos o horario da escola 40 minutos diarios, 3 horas e media á semana, o que supón 13 horas e media ao mes.
A diversidade lingüística e cultural na escola, debido a fenómenos sociais, culturais, económicos, etc., fixo que se promova o ensino dunha lingua estranxeira e que se vaia incluíndo desde o primeiro ciclo da Educación Infantil (0 a 3 anos), especialmente no último ano. Polo tanto, faise imprescindible desenvolver nesta etapa actitudes positivas cara á propia lingua e cara os demais, espertando a sensibilidade e a curiosidade por coñecer outras linguas.
Na introdución dunha lingua estranxeira debe valorarse o achegamento progresivo aos significados de mensaxes en contextos de comunicación coñecidos, fundamentalmente nas rutinas habituais da aula, espertando o interese dos nenos e das nenas por participar en intercambios orais en lingua estranxeira.
O ensino doutra lingua neste tramo de idade debe ser exclusivamente oral, en condicións similares ás que se dan cando aprenden a súa propia lingua. Cómpre sinalar que a Escola de inglés realizarase nas unidades de 1-2 anos e 2-3 anos. Na unidade de 0-1 anos promoverase o emprego do inglés como terceira lingua promovendo a escoita do idioma.
Os contidos que se suxiren para o nenos e nenas de 0-1 ano son:
Os contidos que se suxiren para o nenos e nenas de 1-2 anos son:
Os contidos que se suxiren para o nenos e nenas de 2-3 anos son:
“O mellor síntoma de que o noso fillo é feliz na escoliña e que cando imos recollelo non quere marchar”Madres y Padres / Nais e Pais
“ Encantados e agradecidos en esta 1ª etapa escolar”
Madres y padres / Nais e Pais
“En esta esculela no sólo educan y cuidan a los niños, si no que también los quieren. Además, cuando necesité hacer algún cambio hicieron todo lo posible para satisfacerme. Por lo que yo no podría hacer mejor, solo sugiero que sigan asi con el paso del tiempo ¡FELICIDADES POR EL TRABAJO BIEN HECHO!”Nais e Pais / Madres y Padres
“Formades un equipo estupendo”Naes e Pais / Madres y Padres