O equipo da Escoliña

Coñecenos

O equipo de educadoras esta formada por profesionais de Educación infantil ( Técnicas en Educación Infantil, Graduadas en Educación Infantil e Pedagoxía, etc). A maiores posúen formación complementaria en metodoloxías innovadoras o que fai que a nosa intervención sexa adaptada á realidade e de calidade.

O noso enfoque

Obxectivos e enfoque
A Escola Infantil Municipal do Concello de Vilalba defínese como un equipamento diúrno de carácter educativo e asistencial, dirixido ao sector infantil da poboación de ata 3 anos que ten por obxecto o desenvolvemento harmónico e integral dos/das nenos/as, realizando ademais unha importante labor de apoio á función educativa da propia familia á vez que facilitan o acceso dos pais e nais ao mundo laboral.
Datos identificativos: ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE VILALBA Nº de Rexistro:  E0404C002,  ENDEREZO:  NOVO CAZON S/N. LOCALIDADE: Vilalba. PROVINCIA: Lugo. CÓDIGO POSTAL: 27800. TELÉFONO: 982511533. TITULARIDADE: A Escola Infantil é de titularidade municipal
En todo caso, unicamente será o Concello a quen lle corresponde exercer a representación do centro ante outras entidades distintas á local, debendo estipular en qué persoa/s ou órganos delega a mesma cando así o estime oportuno.

CONTACTA CON NOS PARA MÁIS INFO

Actividades

Que facemos na Escoliña

Kid

A Escola Infantil Municipal como servizo público municipal presta os servizos básicos de coidado e atención educativa a nenos e nenas de 0 a 3 anos.
A LOE establece oito competencias básicas que o alumnado de ensino obrigatorio debe acadar. Enténdese por competencias básicas o conxunto de destrezas, coñecementos e actitudes axeitadas ao contexto que todo o alumnado debe adquirir para lograr a súa realización persoal, exercer a cidadanía activa, incorporarse á vida adulta de xeito satisfactorio e ser capaz de desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida.
No marco da proposta realizada pola Unión Europea, establecéronse as seguintes competencias básicas:

  • Competencia en comunicación lingüística.
  • Competencia matemática.
  • Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico.
  • Tratamento da información e competencia dixital.
  • Competencia social e cidadá.
  • Competencia cultural e artística.
  • Competencia para aprender a aprender.
  • Autonomía e iniciativa persoal.

Dreaming

Unha das rutinas fundamentais na etapa infantil constitúena as horas de comer pola importancia que teñen no proceso de autonomía e desenvolvemento persoal e social dos/as máis pequenos. Para iso é fundamental que o persoal educador conceda a estes momentos toda a atención que merece potenciando, deste xeito, o seu valor educativo.
O servizo de comedor ofrecido dende a Escoliña as nenas e nenos permite almorzar, xantar e merendar no centro educativo. Esta prestación consiste na achega dos medios persoais e materiais precisos para a adecuada distribución e consumo dos alimentos que traen os/as propios/as usuarios/as.
METODOLOXÍA: Para obter os obxectivos propostos, utilizamos unha metodoloxía participativa, a motivación do alumnado, a adaptación aos ritmos de aprendizaxe individuais, reforzos positivos baseados en afectos, respecto á individualidade, establecemento de rutinas e favorecemento do recoñecemento de clima sereno, alegre, disciplinado e de respecto á diversidade.
TEMPORALIZACIÓN E CALENDARIZACIÓN: O servizo de comedor terá lugar de setembro a xullo no horario seguinte:

ALMORZO: De 8:00 a 9:00 horas

XANTAR:
De 12:00 a 13:00 horas aula de bebés e nenas/nenos de 1-2 anos
De 13:00 a 14:00 horas nenas e nenos de 2-3 anos

MERENDA:
De 16:00 a 16:30 horas aula de bebés e nenas/nenos de 1-2 anos
De 16:30 a 17:00 horas nenas de 2-3 anos

No caso da merenda e almorzo poderanse agrupar aos nenos/as das diferentes aulas nunha quenda única respectando o rateo de persoal correspondente.
O servizo de comedor é atendido polas educadoras co fin de adquirir hábitos relacionados coa alimentación e coa autonomía persoal.

Girl

CONCILIACIÓN

Para facilitar a conciliación das familias con horarios de traballo amplos, facilitarase a acollida dos e das menores nun horario ampliado de mañá e de tarde. Deste xeito, poderase acoller a os menores dende as 8:00 horas e recollelos ata as 20:00 horas.

Kid

INGLÉS

A diversidade lingüística e cultural na escola, debido a fenómenos sociais, culturais, económicos, etc., fixo que se promova o ensino dunha lingua estranxeira e que se vaia incluíndo desde o primeiro ciclo da Educación Infantil (0 a 3 anos), especialmente no último ano. Polo tanto, faise imprescindible desenvolver nesta etapa actitudes positivas cara á propia lingua e cara os demais, espertando a sensibilidade e a curiosidade por coñecer outras linguas.
Na introdución dunha lingua estranxeira debe valorarse o achegamento progresivo aos significados de mensaxes en contextos de comunicación coñecidos, fundamentalmente nas rutinas habituais da aula, espertando o interese dos nenos e das nenas por participar en intercambios orais en lingua estranxeira.
O ensino doutra lingua neste tramo de idade debe ser exclusivamente oral, en condicións similares ás que se dan cando aprenden a súa propia lingua. Cómpre sinalar que a Escola de inglés realizarase nas unidades de 1-2 anos e 2-3 anos. Na unidade de 0-1 anos promoverase o emprego do inglés como terceira lingua promovendo a escoita do idioma.

Mapa

Onde podes atoparnos

Estamos na rúa Novo Cazón, SN, BAIXO, 27800, Vilalba (LUGO)

Contacto

Contacto

Podes contactar con nos na Escola, situada na rúa Novo Cazón, 33 BAJO, 27800, Vilalba (LUGO), ou por teléfono no 982511533

A Escoliña emprega o sistema TokApp para tódalas comunicacións. Podes descargalo tanto da Play Store de Google como da tenda de aplicacións de Apple